Friday 19 de April de 2024

Títeres Cachirulo e Viravolta Títeres abren mañá venres o V Festival Monecadas de Brión cun obradoiro e un espectáculo de monicreques


A quinta edición do Festival Monecadas abre mañá as súas portas en Brión cun obradoiro de monifates a cargo de Títeres Cachirulo (18:00 horas) e o espectáculo “O galo Quirico e os seus amigos”, de Viravolta Títeres (19:30 horas). Ambas actuacións terán lugar na carballeira de Santa Minia e a entrada é totalmente libre e de balde.

Os nenos e nenas que participen no obradoiro de Títeres Cachirulo aprenderán diversas técnicas para construír, manipular e poñer en escena os seus propios monifates. No caso de “O galo Quirico e os seus amigos”, Viravolta Títeres representará un conto baseado na versión publicada por Bernardiño Graña. Un espectáculo con marionetas tradicionais, un teatriño de cartón e música en directo.